martes, 5 de mayo de 2015

Organizador

A continuación vou a describir como fixen un organizador de parede para gardar as cousas e telas sempre á vista. Os materiais que empreguei foron:

  • Unha placha de cartón.
  • Tesorias.
  • Unha regra.
  • Un lápis.
  • Fieltro de diferentes cores.
  • Unha máquina de coser.
  • Alfinetes.
  • Papel continuo.
  • Tiza de costureira.
  • Fíos de cores.
  • Adornos que atopei pola casa.
  • Cinta de dobre cara.
  • Fío de seda.
  • Un listón de madeira redondeado.

O primero que fixen foi recortar o cartón do tamaño que quería facer o organizador. A continuación, coa axuda dunha tiza de costureira, marquei o cartón no fieltro. nada máis facelo deille a volta e coloquei os patróns dos petos sobre o filetro e con alfinetes marqueino.Para facer os patróns empreguei unha regra coa que marquei como quería que fosen os petos sobre un anaco de papel continuo.Unha vez tiña marcados os patróns, recortei o fieltro necesario para facer os petos e cosinllos. A continuación, cosinlles os diversos adornos (unha estrela, un lazo branco e unha bicicleta de madeira, unhas pinzas pequenas.)Para que a estructura fose máis forte, puxenlle o cartón por detrás e pegeino á tela con cinta de dobre cara.Por último púxenlle un pau de madeira atado con fío de seda para que sexa máis doado colgalo. A continuación vou poñer as fotografías do proceso e o resultado final.



Globo aeroestático

Os materiais que empreguei á hora de facer esta manualidade foron:
Para facer a parte do globo:

  • Un globo.
  • Cola branca.
  • Papel de cociña.
  • Pinceis.
  • Témperas.
  • Tesoiras.
  • Cinta de papel (carrocero)
  • Papel de celofán.
  • Rotulador permanente.
Para facer a cesta:
  • Un tiesto pequeno de plástico.
  • Papel de cociña.
  • Cola branca.
  • Pinceis.
  • Papel de forro negro autoahdesivo.
  • Unhas bicicletas de madeira para adornar.
  • Fío amarelo.
  • Un sacabocados.
  • Tesoiras.
  • Plastilina.
Para facer a xirafa que vai dentro da cesta:
  • Tubo de papel de baño.
  • Papel de cociña.
  • Rotuladores permanentes.
  • Cartolina.
  • Pinceis.
  • Cola branca.
  • Lápis.
  • Cinta de papel (carrocero)
O primeiro que fixen foi inflar o globo e a continuación marquei cun rotulador permanente unhas bolboretas. Ao rematar cubrino con papel de cociña e branca, evitando as bolboretas. Cando secou esta primeira capa coloquei o papel de celofán cubrindo as bolboretas e dinlle outra capa de papel con cola.
Cando secou, pinteino con témperas. Para que fose de dúas cores coloqueille cinta de papel nos espazos que non quería cubrir e volvin a pintar. Por último, abrinlle un buraco na parte inferior do globo para poder colocar dentro unha lanterna.
Para a realización da cesta empreguei un tiesto de plástico. Dado que este tiesto era moi fráxil, cubrino con varias capas de papel de cociña e de cola branca. Unha vez secou, cubrino co papel autoahdesivo e coa axuda do sacabocados realicei uns buratos e metin por eles fío amarelo. Para acabar de decoralo empreguei unhas bicicletas de madeira que peguei con cola. Por último para soportar a estructura do globo coloqueille plastilina e uns cordóns que van servir para unilo co globo.
Para que dentro da cesta viaxase algo fixen unha xirafa. Primeiro cubrin o rolo de papel do baño con cola branca e papel de cociña, para a continuación pintalo con témperas. Para as manchas empreguei un rotulador negro permanente. O colo da xirafa está feito cun lápis cuberto con cinta de papel e pintado con rotuladores permanentes. Está pegado ao corpo con celo, e de cabeza ten un ano de cartolina que debuxei e despois coloreei. Para que a estructura non se vira por dentro, puxenlle outro trozo de cartolina coma se fose a esplada da xirafa.












Acuario

Este primeiro traballo é un acuario, co que ademáis podemos traballar a lóxico-matemática. Os materiais que precisei son:

Para facer o acuario:

  • Unha caixa de zapatos.
  • Témperas azuis.
  • Goma eva ou foam de cores.
  • Cartulinas de cores.
  • Pinceis.
  • Tesoiras.
  • Cola en barra e branca.
  • Grampadora.
  • Flores secas.
  • Forro transparente.
  • Rotuladores permanentes.
Para realizar as canas de pescar:
  • Uns paus de madeira delgados e longos.
  • Rotulador permanente de cores.
  • "Limpafondos" de cores.
  • Fío de seda.
  • Clip.
Para realizar os peixes:
  • Cartón.
  • Cartolinas de cores.
  • Rotulador permanente negro.

  • Cola branca.
  • Arame fino.
  • Chincheta.
Comecei pintando a caixa dos zapatos por dentro con témpera azul, antes de que secara deille unhas pequenas pinceladas con outro azul.
Mentras secaba a parte do fondo cubrín os laterais da caixa con cartolina azul por dentro, mentras que por fora empreguei goma eva para cubrir os anacos máis pequenos e cartolina para os máis grande. As cartolinas van pegadas con cola, mentres que a goma eva ou foam vai grampada.
Para poder divisar dende fora ben o interior recorteille dunhas ventás e cubrinas con forro transparente. O marco das mesmas está feito de foam.
No exterior coloquei una debuxos que fixen en cartolinas e coloreei con rotuladores permanentes. Para pegalos empreguei cola branca, que lle aportou a maiores un brillo.
Para decorar por dentro o acuario empreguei flores secas das que nas casas se empregan para ambientar.
Coas canas o promeiro que fixen foi colorealas cos rotuladores permanentes. Unha vez secaron, cubrinos cos limpafondos para facer o mango da cana. No outro extremo coloquei fío de seda atado a un clip.
Para facer os peixes, primeiro debuxeinos nun cartón, recorteino e pegueinos por un lado nunha cartolina. A continuación recorteinos e volvin pegar o outro lado empregando cola. Cando secaron, recortei a cortolina que quedaba e repaseinos cun rotulador. Coa axuda dunha chincheta fíxenlle un burato polo que vai o arame que nos vai servir para pescalos.

Estas son as fotografías de todo o proceso: